Caderno de actividades realizadas no marco do proxecto de investigación: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación FI2016-76425-P: Superdiversidad lingüística en áreas periurbanas. Análisis escalar de procesos sociolingüísticos y desarrollo de la conciencia metalingüística en aulas multilingües
mércores, 27 de xuño de 2018
Carta dirixida á empresa google
Xa temos toda a documentación preparada para enviar á empresa Google co obxectivo de que nos envíen unha resposta. AGARDAREMOS 💪
mércores, 23 de maio de 2018
Unha clase maxistral con María Rozamontes (Normalizadora lingüística do Concello de Arteixo)
Hoxe tivemos a enorme sorte de escoitar a María Rozamontes falando da toponimia e microtoponimia de Arteixo. Tamén entregou ao IES Manuel Murguía o escrito sobre os acordos tomados pola Xunta de Goberno do Concello de Arteixo.
A profesora Teresa Seara presentando a María Rozamontes |
Unha breve reseña dos acordos lidos por María Rozamontes:
CARLOS CALVELO MARTÍNEZ, alcalde
– presidente do Concello de Arteixo, en relación á reclamación efectuada polo
alumnado do IES Manuel Murguía de Arteixo no tocante á incorrecta denominación
toponímica do municipio de Arteixo nos mapas de Google e en base ao informe
emitido pola técnica de normalización lingüística en data 23 de Abril de 2018
Propoño que por parte da Xunta
de Goberno Local se adopten os seguintes
ACORDOS:
1. Solicitarlle a Google que
adopte a forma correcta para denominar este municipio
substituíndo a forma
incorrecta *Arteijo pola forma ARTEIXO.
2. Solicitarlle asemade, que
revise outra toponimia que tamén figura de forma incorrecta na súa páxina como
por exemplo Encoro do *Rosadoiro (incorrecta) por Encoro do REXEDOIRO
(correcta).
3. Enviarlle a Google o PDF co
Proxecto Toponimia de Galicia para facilitarlle as anteditas correccións, dado
que nel figuran xeorreferenciadas as formas oficiais da macrotoponimia e da
microtoponimia do Concello de Arteixo, aprobadas oficialmente pola Xunta de Galicia.
4. Adherirse á reclamación do alumnado do instituto Manuel Murguía de
Arteixo para que se modifique no buscador a denominación do municipio que
emprega no seu servizo de mapas, xa que aparece a versión castelanizada.
Estivemos moi atentos ás explicacións da normalizadora en relación coa toponimia e a microtoponia
A normalizadora contounos algunha das hipóteses sobre a orixe do topónimo Arteixo
Os investigadores consideran o topónimo Arteixo coma unha palabra de orixe prerromana.
Para algúns é un derivado dunha raíz art-, que significaría concavidade ou depresión na superficie do chan e tamén se aplicaría para dar nome a recipientes. Pertencería, segundo esta hipótese, á mesma familia có substantivo común artesa, que Corominas explica como palabra "de origen incierto, probabelmente prerromano" , asociado co vasco artesia 'burato'. O nome de Arteixo aludiría, á súa orografía en referencia ao 'val de fondo plano e vertentes inclinadas' que constitúe a valgada ou depresión onde se asenta a parroquia.
Outra explicación debida ao lingüista Edelmiro Bascuas, o nome de Arteixo, documentado como Artasio no século X,contería un derivado dunha raíz indoeruopea ar-, de significado hidronímico (referida ás augas, ás correntes fluviais, etc.), entón viría a ser 'un val regado por cursos de auga'. Estas dúas teorías non son contraditorias.
Outra posibilidade é que o nome dos Ártabros, etnia prerromana que habitaba a zona, estea relacionado co topónimo Arteixo. A terminación -eixo (<asio) tamén procede dun sufixo de orixe prerromana.
Para saber máis da toponimia
- Toponimia de Galicia: Arteixo. Inauguración da exposición dos mapas toponímicos deste concello tivo lugar o día 2 de novembro de 2006.
- Podes facer consultas no espazo dixital do Proxecto toponimia da Xunta de Galicia.
mércores, 25 de abril de 2018
Clase de escritura árabe
Na clase de hoxe o profesor da Universidad Complutense de Madrid, Adil Moustaoui Srhir, explicou algunhas cuestións básicas da escritura árabe.
Sabías que...?
Salvo contadísimas excepcións, a cada grafema corresponde un fonema, isto é, apenas existen letras mudas, letras omitidas, nin letras que en determinadas posicións, ou unidas a outras, teñan un valor distinto ao que lles corresponde en principio. As excepcións adóitanse deber á tradición relixiosa.
Nas linguas árabes faladas algunhas letras teñen valores diferentes, segundo a rexión, ao que teñen en árabe clásico. Polo xeral, estas particularidades locais de pronunciación mantéñense cando o falante emprega o árabe estándar.
En árabe non existen as letras maiúsculas.
Fonte: Proel.org |
Logo, escribimos os nosos nomes, en diferentes soportes...
luns, 23 de abril de 2018
En que linguas está escrito este cartel?
Linguas no espazo público. Cantas? cales? hai diferenzas?
Arteixo. Centro cultural Abu Baker |
Na imaxe o cartel dunha mezquita en Arteixo, cartel multilingüe: árabe, galego/castelán. Sabes a que fai referencia?
Pois segundo o Islam, Abu Bakr é o primeiro califa árabe, sucesor de Mahoma, nacido na Meca no ano 573 e morto o 23 de agosto de 634 en Medina. Iniciador da serie chamada dos califas ortodoxos. Nesta tradición home de sabios consellos, decisión e entregado á súa misión, persoa para suceder a Mahoma. Podes ler ago máis sobre a súa historia.
venres, 20 de abril de 2018
Contra el 'Arteijo' de Google
xoves, 19 de abril de 2018
mércores, 4 de abril de 2018
mércores, 21 de marzo de 2018
Arteixo/Arteijo. Os topónimos galegos
Coa aprobación do Estatuto de autonomía, comézase a levar a cabo unha recuperación
da toponimia en galego. A Lei 3/1983,
do 15 de xuño, de normalización lingüística, fixa o marco para o
uso oficial do galego en diversos ámbitos e contén tamén a base legal para a
recuperación da toponimia galega. No artigo 10 de dita lei establece que
"os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega". Este
precepto da Lei de normalización lingüística tivo un desenvolvemento normativo
posterior para establecer:
A Comisión de
Toponimia, como órgano asesor do Goberno de Galicia nesta materia, o que se
realizou a través do Decreto 43/1984, do 23 de marzo, modificado polo Decreto
174/1998, do 5 de xuño.
O procedemento
para a fixación ou recuperación da toponimia de Galicia, a través do Decreto
132/1984, do 6 de setembro.
Para
saber máis sobre os diferentes documentos normativos podes consultar a páxina da
Xunta de Galicia
Hoxe, iniciamos o primeiro paso para solicitar á empresa Google que empregue exclusivamente o topónimo galego, Arteixo. Na pizarra a estrutura da carta que estamos a escribir para o alcalde
do Concello.
domingo, 18 de marzo de 2018
MAVEL. Ferramenta de participación cidadá
MAVEL é una ferramenta dispoñible para que toda
a cidadanía poida participar nunha investigación colaborativa co obxectivo de
analizar a paisaxe lingüística dos diferentes lugares que nos rodean.
A ciencia
cidadá refírese á investigación levada a cabo por un conxunto de persoas entre
as que figuran científicos profesionais xunto coa cidadanía que aporta o seu
punto de vista e interese de forma voluntaria. Os proxectos de ciencia cidadá
deben estar abertos á colaboración de todas as persoas.
Neste enlace
podes ler as guías dalgún dos proxectos existentes. Dirixidas principalmente a
estudantes de bacharelato, promoven a posta en marcha de proxectos de
investigación nos que serán acompañados (e non dirixidos) polo profesorado.
PODES
PARTICIPAR NO PROXECTO MAVEL
domingo, 11 de marzo de 2018
CATEGORÍAS
1. Multilingüe
2. Monolingüe
SUBCATEGORÍAS
1. Gallego
2. Español/Castellano
3. Inglés
4. Árabe
5. OL
(Otras lenguas)Arteixo/Arteijo |
sábado, 10 de marzo de 2018
Paisaxe Lingüística
A
Paisaxe lingüística
No Dicionario
da Real Academia Galega a definición de paisaxe indica o seguinte:
Extensión
de terreo que se alcanza coa vista, xeralmente considerada no seu aspecto
artístico.
Pintura
ou debuxo que representa esta extensión de terreo.
Aspecto
característico dun determinado espazo xeográfico.
Agora ben, o estudo e análise da paisaxe
engloba moitos aspectos. Para cada disciplina pode haber unha visión diferente que
pode ir desde a xeografía física ou a humana, a ecoloxía, a literatura,
arquitectura, arte, turismo e por suposto, a LINGÜÍSTICA. Nesta ciencia estúdase
a denominada PAISAXE LINGÜÍSTICA.
En que consiste esta análise e esta
mirada?
Como xa sabes, estamos rodeados de paisaxe lingüística en todas as
contornas nas que convivimos, aínda que non sempre somos conscientes diso. Algunhas
veces un rótulo ou outra información escrita chama a nosa atención, ben sexa
polo seu contido ou pola lingua ou linguas en que está escrito ou ata porque
contén algún erro.
Aínda que a semiótica tense centrado no
estudo dos signos lingüísticos, os estudos de investigación sobre a paisaxe
lingüística son recentes. Un dos estudos máis importantes sobre a paisaxe
lingüística foi o realizado por dous autores Landry
e Bourhis, estes consideran que a paisaxe lingüística dun territorio está
constituída pola combinación da(s) lingua(s) empregada(s) en anuncios e rótulos
comerciais, de rúas e estradas, rótulos de edificios públicos e outros textos
escritos no espazo público.
O estudo da paisaxe lingüística tamén é
un indicador da situación lingüística dun país ou lugar e a presenza ou ausencia
de varias linguas nun área determinada. Neste sentido, a paisaxe lingüística
está relacionada con aspectos como o mercado lingüístico, a ecoloxía de linguas
ou a diversidade lingüística. O estudo da paisaxe lingüística indica que o
multilingüismo é algo frecuente e tamén resultado de distintos factores, entre
os que se atopan:
Movementos históricos e políticos
Movementos de tipo económico como
as migraciones.
O incremento das comunicacións
entre distintas partes do mundo
A utilización de linguas de
comunicación internacional.
A identidade social e cultural.
A utilización de distintas linguas
na escola.
Sabes cales son as linguas dos migrantes
máis empregadas en Europa? Pois son o árabe, o tamazig, o turco, o kurdo, o
hindi, ou o chinés.
domingo, 4 de marzo de 2018
Analizamos a paisaxe lingüistica
Monolingüe/Multilingüe
Mensaxe lingüística
Composición
Formas (tipo de letra,…)
Cores
mércores, 21 de febreiro de 2018
Día Internacional da lingua materna
Día Internacional da lingua materna
Segundo a Unesco, o obxectivo xeral da xornada que se celebra hoxe, 21 de febreiro, é promover unha educación plurilingüe para o desenvolvemento da cidadanía global.
La Voz de la Escuela |
As
nosas reflexións sobre a importancia da lingua materna (IES Manuel Murguía)
“A lingua materna é a primeira lingua que aprendemos. Eu creo que é moi
importante xa que de esa lingua comezas a medrar”.
“A miña lingua materna é o galego.
Sempre falo galego, en todos os lugares. Se chega a desaparecer o galego
seríame moi difícil acostumarme a eso”.
“(…) é a lingua que falamos, a lingua que aprendemos desde
que nacemos, a lingua que fala a nosa familia. A lingua materna facilítanos a
vida, ax´´udanos a expresarnos, a entender á xente e ás veces a aprender máis
linguas”.
“(…) é a lingua na que
convivimos todos nos primeiros anos das nosas vidas (…) Cos pasos
dos anos hai xente que se olvida da súa lingua materna, como o galego, pouco a
pouco a xente deixa de falalo e chegará un momento que desapareza das nosas
vidas”.
“Na miña opinión deberíanse falar máis idiomas dos que se falan
habitualmente cando es pequeño, xa que si os país lles falasen ao neno ou á
nena outros idiomas a introducción no colexio vai ser moito máis fácil…”
“Paréceme moi importante dado
que é o primeiro idioma no que
che falan e que comezas a falar”.
“Penso que é importante manter
a lingua que nos falan os nosos país, avós, tíos…porque as linguas van de xeración en xeración e se se
perde, ao final a lingua desaparece”.
“Eu creo que en cada casa deberíanse
aprender todas as linguas que
fose posible por igual”
“A lingua materna é a primeira
lingua que aprendemos (…) Non me parece ben que as nenas non teñan a mesma
igualdade que os nenos nos países `pobres, porque todos temos que ter os mesmos dereitos e
todas debemos aprender a ler e escribir”.
domingo, 18 de febreiro de 2018
Ideograma e logograma na escritura
Diferencia
entre ideograma y logograma
El ideograma: lo utilizamos para
designar señales que no requieren ser pronunciadas (al margen de la escritura).
Por ejemplo, la siguiente señal:
Transmite la idea de
prohibición, con un icono. Esta señal puede explicarse de forma diferente en
las distintas lenguas de los usuarios.
Un logograma es un signo
lingüísticamente condicionado. Por ejemplo, la escritura china es logográfica.
Uno de los inconvenientes de este tipo de escritura es que hay que emplear un
número muy elevado de signos para referirse a los diferentes objetos y acciones
y, además, hay que recordarlos, lo que hace que la escritura sea muy costosa. A
continuación un ejemplo de escritura china:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)