luns, 23 de abril de 2018

En que linguas está escrito este cartel?

Linguas no espazo público. Cantas? cales? hai diferenzas?


Arteixo. Centro cultural Abu Baker
Na imaxe o cartel dunha mezquita en Arteixo, cartel multilingüe: árabe, galego/castelán. Sabes a que fai referencia?
Pois segundo o Islam, Abu Bakr é o primeiro califa árabe, sucesor de Mahoma, nacido na Meca no ano 573 e morto o 23 de agosto de 634 en Medina. Iniciador da serie chamada dos califas ortodoxos. Nesta tradición home de sabios consellos, decisión e entregado á súa misión, persoa para suceder a Mahoma. Podes ler ago máis sobre a súa historia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario