mércores, 25 de abril de 2018

Clase de escritura árabe


Na clase de hoxe o profesor da Universidad Complutense de MadridAdil Moustaoui Srhirexplicou algunhas cuestións básicas da escritura árabe.

Sabías que...?

O árabe utiliza un sistema de escritura propio que se escribe de dereita a esquerda, unindo as letras entre si, de modo que cada letra pode ter ata catro formas, segundo se escriba  illada, ao principio, no medio ou ao final da palabra.

Salvo contadísimas excepcións, a cada grafema corresponde un fonema, isto é, apenas existen letras mudas, letras omitidas, nin letras que en determinadas posicións, ou unidas a outras, teñan un valor distinto ao que lles corresponde en principio. As excepcións adóitanse deber á tradición relixiosa.

Nas linguas árabes faladas algunhas letras teñen valores diferentes, segundo a rexión, ao que teñen en árabe clásico. Polo xeral, estas particularidades locais de pronunciación mantéñense cando o falante emprega o árabe estándar.

En árabe non existen as letras maiúsculas.



Fonte: Proel.org



Logo, escribimos os nosos nomes, en diferentes soportes...




Ningún comentario:

Publicar un comentario