mércores, 21 de marzo de 2018

Arteixo/Arteijo. Os topónimos galegos





Coa aprobación do Estatuto de autonomía, comézase a levar a cabo unha recuperación da toponimia en galego.  A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, fixa o marco para o uso oficial do galego en diversos ámbitos e contén tamén a base legal para a recuperación da toponimia galega. No artigo 10 de dita lei establece que "os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega". Este precepto da Lei de normalización lingüística tivo un desenvolvemento normativo posterior para establecer:

A Comisión de Toponimia, como órgano asesor do Goberno de Galicia nesta materia, o que se realizou a través do Decreto 43/1984, do 23 de marzo, modificado polo Decreto 174/1998, do 5 de xuño.
O procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia de Galicia, a través do Decreto 132/1984, do 6 de setembro.

Para saber máis sobre os diferentes documentos normativos podes consultar a páxina da Xunta de Galicia

Hoxe, iniciamos o primeiro paso para solicitar á empresa Google que empregue exclusivamente o topónimo galego, Arteixo. Na pizarra a estrutura da carta que estamos a escribir para o alcalde do Concello.




domingo, 18 de marzo de 2018

MAVEL. Ferramenta de participación cidadá


MAVEL é una ferramenta dispoñible para que toda a cidadanía poida participar nunha investigación colaborativa co obxectivo de analizar a paisaxe lingüística dos diferentes lugares que nos rodean.
A ciencia cidadá refírese á investigación levada a cabo por un conxunto de persoas entre as que figuran científicos profesionais xunto coa cidadanía que aporta o seu punto de vista e interese de forma voluntaria. Os proxectos de ciencia cidadá deben estar abertos á colaboración de todas as persoas.
Neste enlace podes ler as guías dalgún dos proxectos existentes. Dirixidas principalmente a estudantes de bacharelato, promoven a posta en marcha de proxectos de investigación nos que serán acompañados (e non dirixidos) polo profesorado.
PODES PARTICIPAR NO PROXECTO MAVEL