A
Paisaxe lingüística
No Dicionario
da Real Academia Galega a definición de paisaxe indica o seguinte:
Extensión
de terreo que se alcanza coa vista, xeralmente considerada no seu aspecto
artístico.
Pintura
ou debuxo que representa esta extensión de terreo.
Aspecto
característico dun determinado espazo xeográfico.
Agora ben, o estudo e análise da paisaxe
engloba moitos aspectos. Para cada disciplina pode haber unha visión diferente que
pode ir desde a xeografía física ou a humana, a ecoloxía, a literatura,
arquitectura, arte, turismo e por suposto, a LINGÜÍSTICA. Nesta ciencia estúdase
a denominada PAISAXE LINGÜÍSTICA.
En que consiste esta análise e esta
mirada?
Como xa sabes, estamos rodeados de paisaxe lingüística en todas as
contornas nas que convivimos, aínda que non sempre somos conscientes diso. Algunhas
veces un rótulo ou outra información escrita chama a nosa atención, ben sexa
polo seu contido ou pola lingua ou linguas en que está escrito ou ata porque
contén algún erro.
Aínda que a semiótica tense centrado no
estudo dos signos lingüísticos, os estudos de investigación sobre a paisaxe
lingüística son recentes. Un dos estudos máis importantes sobre a paisaxe
lingüística foi o realizado por dous autores Landry
e Bourhis, estes consideran que a paisaxe lingüística dun territorio está
constituída pola combinación da(s) lingua(s) empregada(s) en anuncios e rótulos
comerciais, de rúas e estradas, rótulos de edificios públicos e outros textos
escritos no espazo público.
O estudo da paisaxe lingüística tamén é
un indicador da situación lingüística dun país ou lugar e a presenza ou ausencia
de varias linguas nun área determinada. Neste sentido, a paisaxe lingüística
está relacionada con aspectos como o mercado lingüístico, a ecoloxía de linguas
ou a diversidade lingüística. O estudo da paisaxe lingüística indica que o
multilingüismo é algo frecuente e tamén resultado de distintos factores, entre
os que se atopan:
Movementos históricos e políticos
Movementos de tipo económico como
as migraciones.
O incremento das comunicacións
entre distintas partes do mundo
A utilización de linguas de
comunicación internacional.
A identidade social e cultural.
A utilización de distintas linguas
na escola.
Sabes cales son as linguas dos migrantes
máis empregadas en Europa? Pois son o árabe, o tamazig, o turco, o kurdo, o
hindi, ou o chinés.