mércores, 25 de abril de 2018

Clase de escritura árabe


Na clase de hoxe o profesor da Universidad Complutense de MadridAdil Moustaoui Srhirexplicou algunhas cuestións básicas da escritura árabe.

Sabías que...?

O árabe utiliza un sistema de escritura propio que se escribe de dereita a esquerda, unindo as letras entre si, de modo que cada letra pode ter ata catro formas, segundo se escriba  illada, ao principio, no medio ou ao final da palabra.

Salvo contadísimas excepcións, a cada grafema corresponde un fonema, isto é, apenas existen letras mudas, letras omitidas, nin letras que en determinadas posicións, ou unidas a outras, teñan un valor distinto ao que lles corresponde en principio. As excepcións adóitanse deber á tradición relixiosa.

Nas linguas árabes faladas algunhas letras teñen valores diferentes, segundo a rexión, ao que teñen en árabe clásico. Polo xeral, estas particularidades locais de pronunciación mantéñense cando o falante emprega o árabe estándar.

En árabe non existen as letras maiúsculas.



Fonte: Proel.org



Logo, escribimos os nosos nomes, en diferentes soportes...




luns, 23 de abril de 2018

En que linguas está escrito este cartel?

Linguas no espazo público. Cantas? cales? hai diferenzas?


Arteixo. Centro cultural Abu Baker
Na imaxe o cartel dunha mezquita en Arteixo, cartel multilingüe: árabe, galego/castelán. Sabes a que fai referencia?
Pois segundo o Islam, Abu Bakr é o primeiro califa árabe, sucesor de Mahoma, nacido na Meca no ano 573 e morto o 23 de agosto de 634 en Medina. Iniciador da serie chamada dos califas ortodoxos. Nesta tradición home de sabios consellos, decisión e entregado á súa misión, persoa para suceder a Mahoma. Podes ler ago máis sobre a súa historia.


venres, 20 de abril de 2018

Contra el 'Arteijo' de Google


Contra el 'Arteijo' de Google
Alumnos del instituto Manuel Murguía reclamarán al buscador que modifique la denominación del municipio que emplea en su servicio de mapas, ya que aparece la versión castellanizada
Co alcalde do concello de Arteixo (18/04/2018)

mércores, 21 de marzo de 2018

Arteixo/Arteijo. Os topónimos galegos





Coa aprobación do Estatuto de autonomía, comézase a levar a cabo unha recuperación da toponimia en galego.  A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, fixa o marco para o uso oficial do galego en diversos ámbitos e contén tamén a base legal para a recuperación da toponimia galega. No artigo 10 de dita lei establece que "os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega". Este precepto da Lei de normalización lingüística tivo un desenvolvemento normativo posterior para establecer:

A Comisión de Toponimia, como órgano asesor do Goberno de Galicia nesta materia, o que se realizou a través do Decreto 43/1984, do 23 de marzo, modificado polo Decreto 174/1998, do 5 de xuño.
O procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia de Galicia, a través do Decreto 132/1984, do 6 de setembro.

Para saber máis sobre os diferentes documentos normativos podes consultar a páxina da Xunta de Galicia

Hoxe, iniciamos o primeiro paso para solicitar á empresa Google que empregue exclusivamente o topónimo galego, Arteixo. Na pizarra a estrutura da carta que estamos a escribir para o alcalde do Concello.




domingo, 18 de marzo de 2018

MAVEL. Ferramenta de participación cidadá


MAVEL é una ferramenta dispoñible para que toda a cidadanía poida participar nunha investigación colaborativa co obxectivo de analizar a paisaxe lingüística dos diferentes lugares que nos rodean.
A ciencia cidadá refírese á investigación levada a cabo por un conxunto de persoas entre as que figuran científicos profesionais xunto coa cidadanía que aporta o seu punto de vista e interese de forma voluntaria. Os proxectos de ciencia cidadá deben estar abertos á colaboración de todas as persoas.
Neste enlace podes ler as guías dalgún dos proxectos existentes. Dirixidas principalmente a estudantes de bacharelato, promoven a posta en marcha de proxectos de investigación nos que serán acompañados (e non dirixidos) polo profesorado.
PODES PARTICIPAR NO PROXECTO MAVEL

domingo, 11 de marzo de 2018





CATEGORÍAS
1.       Multilingüe
2.       Monolingüe

SUBCATEGORÍAS
1.       Gallego
2.       Español/Castellano
3.       Inglés
4.       Árabe
5.       OL (Otras lenguas)

Arteixo/Arteijo



sábado, 10 de marzo de 2018

Paisaxe Lingüística


A Paisaxe lingüística
No Dicionario da Real Academia Galega a definición de paisaxe indica o seguinte:
Extensión de terreo que se alcanza coa vista, xeralmente considerada no seu aspecto artístico.
Pintura ou debuxo que representa esta extensión de terreo.
Aspecto característico dun determinado espazo xeográfico.
Agora ben, o estudo e análise da paisaxe engloba moitos aspectos. Para cada disciplina pode haber unha visión diferente que pode ir desde a xeografía física ou a humana, a ecoloxía, a literatura, arquitectura, arte, turismo e por suposto, a LINGÜÍSTICA. Nesta ciencia estúdase a denominada PAISAXE LINGÜÍSTICA.
En que consiste esta análise e esta mirada? 
Como xa sabes, estamos rodeados de paisaxe lingüística en todas as contornas nas que convivimos, aínda que non sempre somos conscientes diso. Algunhas veces un rótulo ou outra información escrita chama a nosa atención, ben sexa polo seu contido ou pola lingua ou linguas en que está escrito ou ata porque contén algún erro. 

Aínda que a semiótica tense centrado no estudo dos signos lingüísticos, os estudos de investigación sobre a paisaxe lingüística son recentes. Un dos estudos máis importantes sobre a paisaxe lingüística foi o realizado por dous autores Landry e Bourhis, estes consideran que a paisaxe lingüística dun territorio está constituída pola combinación da(s) lingua(s) empregada(s) en anuncios e rótulos comerciais, de rúas e estradas, rótulos de edificios públicos e outros textos escritos no espazo público.
O estudo da paisaxe lingüística tamén é un indicador da situación lingüística dun país ou lugar e a presenza ou ausencia de varias linguas nun área determinada. Neste sentido, a paisaxe lingüística está relacionada con aspectos como o mercado lingüístico, a ecoloxía de linguas ou a diversidade lingüística. O estudo da paisaxe lingüística indica que o multilingüismo é algo frecuente e tamén resultado de distintos factores, entre os que se atopan:
Movementos históricos e políticos
Movementos de tipo económico como as migraciones.
O incremento das comunicacións entre distintas partes do mundo
A utilización de linguas de comunicación internacional.
A identidade social e cultural.
A utilización de distintas linguas na escola.



Sabes cales son as linguas dos migrantes máis empregadas en Europa? Pois son o árabe, o tamazig, o turco, o kurdo, o hindi, ou o chinés.




domingo, 4 de marzo de 2018

Analizamos a paisaxe lingüistica


Monolingüe/Multilingüe
Mensaxe lingüística
Composición
Formas (tipo de letra,…)
Cores



Tipos de sinais
Iconos
Signos (Símbolos)


As nosas voces sobre este cartel
"Outra vez non"
"Coidemos a nosa Galicia"
"Fin ao lume"
"Galicia máis bonita verde que queimada"
"Coidemos o noso entorno"

mércores, 21 de febreiro de 2018

Día Internacional da lingua materna

Día Internacional da lingua materna

Segundo a Unesco, o obxectivo xeral da xornada que se celebra hoxe, 21 de febreiro, é promover unha educación plurilingüe para o desenvolvemento da cidadanía global.

La Voz de la Escuela

As nosas reflexións sobre a importancia da lingua materna (IES Manuel Murguía)


“A lingua materna é a primeira lingua que aprendemos. Eu creo que é moi importante xa que de esa lingua comezas a medrar”.  

“A miña lingua materna é o galego. Sempre falo galego, en todos os lugares. Se chega a desaparecer o galego seríame moi difícil acostumarme a eso”.

“(…) é a lingua que falamos, a lingua que aprendemos desde que nacemos, a lingua que fala a nosa familia. A lingua materna facilítanos a vida, ax´´udanos a expresarnos, a entender á xente e ás veces a aprender máis linguas”.

“(…) é a lingua na que convivimos todos nos primeiros anos das nosas vidas (…) Cos pasos dos anos hai xente que se olvida da súa lingua materna, como o galego, pouco a pouco a xente deixa de falalo e chegará un momento que desapareza das nosas vidas”.

“Na miña opinión deberíanse falar máis idiomas dos que se falan habitualmente cando es pequeño, xa que si os país lles falasen ao neno ou á nena outros idiomas a introducción no colexio vai ser moito máis fácil…”

“Paréceme moi importante dado que é o primeiro idioma no que che falan e que comezas a falar”.

“Penso que é importante manter a lingua que nos falan os nosos país, avós, tíos…porque as linguas van de xeración en xeración e se se perde, ao final a lingua desaparece”.

“Eu creo que en cada casa deberíanse aprender todas as linguas que fose posible por igual”

“A lingua materna é a primeira lingua que aprendemos (…) Non me parece ben que as nenas non teñan a mesma igualdade que os nenos nos países `pobres, porque todos temos que ter os mesmos dereitos e todas debemos aprender a ler e escribir”.





domingo, 18 de febreiro de 2018

Ideograma e logograma na escritura


Diferencia entre ideograma y logograma

El ideograma: lo utilizamos para designar señales que no requieren ser pronunciadas (al margen de la escritura). Por ejemplo, la siguiente señal:


Transmite la idea de prohibición, con un icono. Esta señal puede explicarse de forma diferente en las distintas lenguas de los usuarios.

Un logograma es un signo lingüísticamente condicionado. Por ejemplo, la escritura china es logográfica. Uno de los inconvenientes de este tipo de escritura es que hay que emplear un número muy elevado de signos para referirse a los diferentes objetos y acciones y, además, hay que recordarlos, lo que hace que la escritura sea muy costosa. A continuación un ejemplo de escritura china: